A escola

Casa da Trova é unha escola de música especializada en guitarra e voz, pero tamén, un espazo de formación en composición de cancions.
Unha escola única en canto á formación na creación de letras e música.

Damos formación en técnica vocal, harmonía, guitarra, ukelele, e diferentes disciplinas relacionadas co mundo da canción.
Unha Casa onde tamén facemos encontros con trobador@s de todo o mundo, onde poidan dar a coñecer en profundidade o oficio da canción dende o seu traballo.


Un espazo de arte, onde contamos cunha ampla oferta de cursos monográficos especializados en diferentes artes (guitarra, voz, pintura, etc…)
A nosa filosofía principal é converter Casa da Trova, nun lugar onde todos poidan aprender, e todos teñan algo que ensinar.
Goza da música e da creatividade desde un punto de vista único.
Tamén abarcamos a produción e desenvolvemento de proxectos musicais, así como a formación do alumnado en diferentes estilos, clásico e moderno.